Skip to main content
Foz

Aloumiños de Foz convoca a II Concurso Nenos e Maiores

Por 7 Outubro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

O centro Aloumiños de Foz convoca a II Concurso Nenos e Maiores, no que fomentan as actividades e accións interxeracionais. Nesta ocasión haberá unha nova categoría na que un neno de 6 a 16 anos e un adulto maior de 65 anos deberán traballar conxuntamente facendo unha manualidade artística.

Na categoría individual poderán participar nenos de 6 a 16 anos que deberán presentar un relato ou un debuxo sobre o tema E ti de pequeno, que facía?, coa intención de que lle pregunten a unha persoa maior de 65 anos.

O prazo de participación no certame está aberto ata o 5 de novembro e como premios haberá unha merenda para os tres primeiros clasificados.