Ana Covadonga Rodríguez, do club SD Ribadeo Tenis de Mesa participará no campionato galego xuvenil deste deporte que se celebrará este sábado, día 25, na localidade coruñesa de Narón.
Ademais a SD Ribadeo Tenis de Mesa contará con cinco representantes nos campionatos provinciales escolares que se celebrarán en Vilalba tamén este sábado. En categoría cadete competirá o equipo formado por Ricardo Villapol Rabanal e Raúl García Vizoso e en infantil participará o conxunto integrado por Javier López Menéndez, Anxo Muíña e Hugo Pardo.