Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Atletas de 25 municipios participan este sábado no arranque do Circuíto Corre con Nós

Por 10 Febreiro, 2024Febreiro 11th, 2024Sin comentarios

A partir das 20 horas e como proba nocturna, celébrase na contorna de Ramón Ferreiro a primeira carreira do ano para que os pequenos e maiores poidan participar do concurso de disfraces que terá lugar ese mesmo día.

O Circuíto Corre Con Nós 2024 celebra este sábado a súa primeira proba, cunha carreira noctura que dará comezo ás 20.00 horas. A Concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, acordou retrasar o seu inicio para que os pequenos e maiores poidan participar do concurso de disfraces que terá lugar ese mesmo día. “Así, unha vez rematado, poderán vir celebrar as súas probas atléticas incluso disfrazados e caracterizados, co obxectivo de engadir a esta festa do deporte unha nota de alegría e cor a esa noite”, explicou o concelleiro. Os horarios e distancias das probas están aloxados con toda a información na web.

A modalidade mini de 300 metros comezará a probar ás 20.00 horas, os da categoría sub 10 e sub 12 percorrerán os 800 metros a partir das 20.05, os da sub14 e sub16 comezan ás 20.15 e os adultos enfrontaranse aos 3 quilómetros a partir das 20.30. Jorge Bustos destacou que para esta proba contaranse con atletas “procedentes de ata 25 municipios diferentes de toda a comunidade autónoma”. As vías afectadas polos cortes de tráfico serán a partir das 12.00 horas e ata as 23.00 horas os tramos da avenida de Ramón Ferreiro anexa á Praza de Horta do Seminario para proceder á montaxe da infraestrutura de saída e meta da proba.

De 19.30 a 21.30 afectará aos tramos das probas da avenida Ramón Ferreiro, desde Anxo López Pérez ata a rotonda da ancora con Marina española, e da avenida Rodriguez Mourelo ata a praza de Avilés e da rúa Vilalba e a rúa Anxo López Pérez. Todos os que se queiran animar a participar neste circuíto e que non se apuntaran para esta proba poderán facelo gratuitamente a partires do domingo, 11 de febreiro, accedendo á paxina web do circuito, que este ano cumpre a súa 22ª edición. A segunda proba será o vindeiro 3 de Marzo no centro comercial As Termas.