Skip to main content
ActualidadeVilalba

Autobuses gratuítos para achegarse ao cemiterio de Vilalba os días de Tódolos Santos e Fieis Defuntos

Por 26 Outubro, 2017Sin comentarios

O Concello de Vilalba pon a disposición dos veciños e veciñas de Vilalba un autobús gratuito para todos os que queiran achegarse a visitar o Cemiterio Municipal o vindeiro mércores 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.

A saída desenvolverase na rúa da Pravia (xunto a Casa da Cultura) ás catro da tarde e o regreso está previsto para as cinco e media. Durante ese tempo, dará calidez á xornada un cuarteto de corda.

Igualmente, o 2 de novembro, Día dos Fieis Defuntos, o Concello tamén pon a disposición dos interesados un autobús que ofrecerá o servizo de transporte gratuíto entre a Casa da Cultura e o cemiterio municipal ás catro da tarde e con regreso ás seis. Tamén haberá música cun cuarteto de corda seguia da Santa Misa que se oficiará no cemiterio ás cinco da tarde. Posteriormente, o Concello realizará unha ofrenda floral para recordar a todos os defuntos.