Skip to main content
Viveiro

Autorizado o Concello de Viveiro para o acondicionamento de dúas vivendas no barrio de Grallal, en Covas

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de recibir a necesaria autorización da Axencia Galega de Infaestruturas (AXI), para o acondicionamento de dúas vivendas que se atopan ao carón da estrada no barrio de Grallal, en Covas.

Nun primeiro momento  concello tivo que iniciar primeiro un longo procedemento para desaloxar a un transeúnte que residía alí, un proceso xa rematado.

Posteriormente, abriu un proceso de execución subsidiaria ao non conseguir contactar coas persoas propietarias dos inmobles, pero trátase de expedientes de tramitación longa.

O Concello xa ten planificadas as obras nos dous inmobles, que consistirán, entre outras tarefas, na limpeza das cubertas, substitución de canalóns e baixantes, retirada de carpintería exterior danada e colocación no seu lugar dun taboleiro, actuacións nos balcóns, limpeza e pintado de fachadas, e tarefas de mantemento nas fincas. Adxudicaranse a curto prazo.