Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cancelado en Burela o espectáculo ‘Pesadilla en la comedia’

Por 31 Outubro, 2020Sin comentarios

Pesadilla en la comediaA compañía Producciones Teatrales S.L. decidiu cancelar o espectáculo de humor Pesadilla en la comedia, protagonizado por Enrique San Francisco e Miki Dkai previsto para o vindeiro sábado, 7 de novembro no auditorio municipal de Burela, dada a alerta sanitaria derivada do covid-19 e a limitación de aforo a 60 persoas imposta pola Xunta de Galicia para os eventos culturais que se realicen en recintos pechados.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta “as molestias ocasionadas e trataremos de reprogramar máis adiante dito espectáculo. O importe das entradas xa mercadas será devolto automaticamente a través da plataforma online de ataquilla.com”.