Skip to main content
Lugo

Castelo acolle as festas de Santiago luns e martes

Por 23 Xullo, 2023Sin comentarios

Os barrios de Lugo de Castelo, Galegos, A Chanca e O Rato celebran desde o luns e martes as súas festas patronais, que se iniciarán cunha merenda veciñal a partir das 21.30 horas.

A continuación, terá lugar unha verbena na que actuará o grupo Arizona con dous pases, entre os que se sorteará unha televisión e un xamón.

O martes 25 arrancarán as celebracións cun pasacalles cos grupos Os Xílgaros de Lugo e Baixo da Saia. A continuación terá lugar a misa solemne e a sesió vermú que estará a cargo do dúo Eclipse e incluirá o sorteo dun bono de combustible.