Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXACospeito

Cea anual dos ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

Un ano máis, os ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, reuníronse nunha cea de confraternidade. Asistiron os nados no ano 1976, e que remataron a EXB no curso 1989/1990.

A xuntanza tivo lugar na Parrillada Bañal de Muimenta, o sábado 25 de novembro ás 22:00 horas.

Begoña Soto e Toni Díaz entregaron o relevo a Belén Villamel e Carmiña, que organizarán o vindeiro encontro a última fin de semana do mes de novembro do ano 2024.

Esta xuntanza iniciouse en xaneiro do ano 2002, e mantívose todos os anos, agás no 2020, debido á covid.