Skip to main content
Palas de Rei

Celebración da Pre-Xuventude e cea popular en Vilareda de Palas de Rei

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

A mocidade de Palas de Rei poderá desfrutar hoxe da súa festa da Pre-Xuventude, que terá lugar en Vilar de Donas, a partir das 23.30 horas.

Nun campo cuberto con carpa os asistentes poderán desfrutar da actuación de tres charangas: Europa, BB+ e Era Visto. Como colofón do programa estará o DJ Casanova.

VILAREDA

Por outra banda, tamén en Palas, no lugar de Vilareda celebrarase o San Pedro cunha cea popular a partir das 21.00 horas. Esta terá lugar mañá sábado e contará coa animación do dúo La Hora Bruja.

A organización lembra haberá diferentes sorpresas para as entradas mercadas, que teñen un prezo de 17 euros.