Skip to main content
Monforte

Clases de baile, de música e de teatro enchen a nova programación do Ateneo Casino de Monforte

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

A música, o teatro e a danza protagonizan a oferta de actividades do Ateneo Casino de Monforte. Entre as novas propostas para esta tempada, atópanse as clases de patchwork, as de bolillos e as de canto e guitarra.

De novo, Ateneo Casino organiza clases de latinos e kizomba da man de Jaime Silva. Pode reservarse praza para a proposta, que comezou o 2 de outubro, a través dos teléfonos 629 379 309 ou 648 435 033. O horario é todos os luns de 19.00 a 20.00 horas para o nivel iniciación e de 20.00 a 21.00 para o de perfeccionamento.

Os interesados no baile tamén poden anotarse ás clases de danza galega tradicional, que se organizan os xoves de 20.30 a 21.30 para os adultos e os mércores de 18.00 a 19.00 no caso dos nenos.

Clases de bolillos e patchwork

Ademais, entre a programación inclúense clases de bolillos. A proposta será todos os martes de 18.00 a 20.00 horas. Pódese realizar a inscrición gratuita a través do 648 435 033. As clases de patchwork son outra das propostas. Organizaranse de mércores a venres de 17.30 a 19.30 horas. Os interesados deben chamar ao 636 000 949.

Os amantes do teatro tamén teñen un oco nas clases que impartirá Merche Pérez. A formación será todos os martes de 17.00 a 18.00 horas para os nenos de 4 a 6 anos, de 18.00 a 19.00 horas no caso dos nenos de 7 a 11 e de 19.00 a 20.00 horas para os mozos de 12 a 17 anos. O horario para os alumnos de máis de 18 anos será de 20.30 a 22.00 horas. Para reservar praza os interesados poden chamar ao 648 435 033.

Por último, o Ateneo Casino de Monforte tamén ofrece clases de piano, violín, canto e guitarra en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00. Os interesados poden solicitar máis información no 635 067 647.