Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Clásicos Sarria organiza a II edición do Rally de Seguridad Vila de Sarria en maio

Por 8 Febreiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O Club Clásicos de Sarria anuncia que celebrará a segunda edición do II Rally de regularidad Vila de Sarria, xa que “xa estamos traballando con moita ilusión na preparación do mesmo”, explican.

Así, terá lugar o vindeiro 4 de maio nunha edición promovida polo “bo sabor de boca” que deixou a primeira, celebrada o ano pasado o 30 de abril, coincidindo coa Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria, como este ano.

Os organizadores informan de que haberá novidades máis adiante.