Skip to main content
Monforte

Cursos de iniciación á cata de viños serán impartidos no Ateneo Casino de Monforte

Por 26 Febreiro, 2023Febreiro 27th, 2023Sin comentarios

Ateneo Casino de Monforte organiza uns cursos de iniciación á cata de viños, tanto tintos como brancos, os xoves 2, 9 e 16 de marzo de 20.30 a 22.30 horas.

Estes cursos serán impartidos por Antonio Lombardía, Fabio Algueira e Gelín Fernández, que ensinarán o arte da cata de viños.

Ao remate de cada clase, haberá unha degustación dun viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra e petiscos locais.

Para apuntarse a estas clases, que terán un custo de 20 euros por persoa, pódese chamar ao número 648 435 033.