Skip to main content
Sarria

Excursión a Portugal este domingo do Grupo Xacobeo Sarria

Dentro da súa programación de excursións, rutas e actividades varias, a Asociación Cultural Grupo Xacobeo Sarria, organiza este domingo 15 de maio unha saída a Portugal para visitar Vila Praia de Áncora e Viana do Castelo. Unha excursión que desde a propia agrupación califican como “unha fermosa senda costeira portuguesa, toda chá e fácil”.

A expedición ten previsto saír dende Lugo ás 6.00 horas e dende Sarria ás 6.30 horas. A primeira parada da excursión será Vila Praia de Áncora e, tras visitala, os participantes iniciarán unha ruta pola costa que coinidirá coa Ecovía do Literal Norte e que combina tramos por pasarelas de madeira, praias de área e sendeiros costeiros.

En total serán aproximadamente 15 quilómetros dun percorrido que os organizadores califican de fácil pola ausencia de desniveis. Aínda así, durante toda a ruta os participantes contarán cun bus de apoio.

A comida terá lugar nunha famosa Quinta Portugesa, típica da zona e que ofrecerá ós excursionistas un lugar idóneo para repoñer forzas nun marco perfecto tamén para sacar unas fermosas fotografías de recordo.

Pola tarde será o momento de visitar unha das xoias da Costa Verde portuguesa, Viana do Castelo, considerada unha das cidades máis fermosas do norte de Portugal.

O prazo de inscrición remata este venres 13 de maio e o prezo, que inclúe desprazamento, comida e seguros, é de 40 euros para os socios do Grupo Xacobeo Sarria e 42 euros para os non socios. Pódese solicitar máis información ou facer na inscripción no teléfono 609 027 518.

O Grupo Xacobeo Sarria defínese a sí mesmo como “unha asociación cultural, de amigos, que organiza excursións, rutas, senderismo e máis eventos para descubrir Galicia e a súa contorna”.