Skip to main content
BurelaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio

Por 6 Agosto, 2020Sin comentarios

A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio. Será por primeira vez de mércores a sábado, por cuestións organizativas e prácticas, segundo explicou este mediodía o presidente da Fundación organizadora e alcalde de Burela, Alfredo Llano.

Llano explicou que “tivemos unha reunión os responsables de Expomar porque hai que ir organizando xa a feira que corresponde ter para o ano que ven. Hai que ir dando os pasos para que iso sexa unha realidade e para procurar que todos os eventos que se fan en Galicia se complementen”.

O rexedor burelés e presidente da Fundación Expomar subliñou que “a proposta que fixemos hoxe para celebrar a Feira Náutico Pesqueira é os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2021, e paralelamente haberás as xornadas técnicas e o encontro empresarial”.

Alfredo Llano engadiu que “a novidade é que comeza o mércores e remata o sábado, antes remataba o domingo, pero pensamos que é mellor facelo así por cuestións de organización e para favorecer á xente que veña montar os seus stands”.

Xunta local de seguridade

O alcalde de Burela comentou que “ ás dez e media, faremos unha reunión ordinaria da xunta de seguridade local. Imos repasar todo o que aconteceu durante este ano. Veremos o resultado das incidencias de todo tipo, de roubos, de violencia de xénero e de todo aquilo que debe preocupar a un Concello para que a seguridade estea garantida. Espero que haxa boas noticias e que entre todos nos responsabilicemos de todo o que corresponde e facer unha boa labor en materia de seguridade no concello de Burela”.

Alfredo Llano manifestou que “imos asinar un convenio sobre violencia de xénero para que estean coordinadas todas as forzas de seguridade, sobre todo as que traballan no noso concello”.