Skip to main content
Monforte

Gonzalo Caballero continúa en Monforte cos encontros coa militancia

Por 11 Outubro, 2021Sin comentarios

Gonzalo Caballero prosegue os seus encontros coa militancia socialista con sendos actos en Noia e Monforte.

“Cada día atopo máis ilusión entre os compañeiros e as compañeiras. Cada día somos máis os e as que queremos seguir avanzando pola esquerda e non retroceder”, destacou Gonzalo Caballero.

Nese senso, subliñou o aumento da mobilización a medida que pasan os días. “Hai unha mobilización crecente da militancia socialista para apostar polo único proxecto gañador contra a dereita”, recalcou, consciente de que “cada día máis militantes” se están activando e “cargando as pilas” de cara ao 30 de outubro.

E é que, como dixo Gonzalo Caballero, o que el encabeza é “un proxecto para gañar dentro, coa militancia, e gañar fóra, coa cidadanía”.

De feito, asegurou que “eu sempre salto ao campo para gañar o partido” e, seguindo co símil futbolístico, evidenciou que “outros saen a meter goles en propia”.

Por iso, Gonzalo Caballero pediu o apoio maioritario da militancia socialista de cara ás primarias do vindeiro día 30. “Todos os votos valen o mesmo e xogámonos seguir avanzando coa militancia e pola esquerda ou retroceder”, finalizou.