Skip to main content
Actualidade

Life in common life organiza un concurso

Por 7 Abril, 2020Sin comentarios

O proxecto Life in common life organiza un concurso.

Este concurso consiste en completar un quebracabezas sobre coñecementos de medio ambiente e sobre a Serra do Xistral que se pode ver na súa páxina de Facebook, https://bit.ly/3dLuf8Y.

O gañador do concurso terá a posibilidade de gañar unha Mochila Outdoor. 

O prazo para participar remata o 12 de abril, e ao día seguinte publicarase a solución do quebracabezas e o día 15 será o sorteo entre as personas que cumplan cos requisitos e publicarase o nome da persoa gañadora.

Life in common life é un proxecto colaborativo no que entran en xogo diversas entidades: A Deputación de Lugo é a coordinadora do proxecto, mentres que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC) completan os socios beneficiarios.

A participación dos montes veciñais en man común da Serra do Xistral, , os concellos implicados e a Xunta de Galicia, representada a través das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio faise indispensable.