Skip to main content
Cospeito

Malestar na Feira do Monte pola redución do horario de Abanca

Por 24 Xullo, 2021Sin comentarios

Continuando coa política que está a seguir en toda Galicia, Abanca reduciu os horarios de apertura da oficina que ten en Feira do Monte.

Esta atenderá só os luns e xoves en horario de 8.15 a 14.15 horas e o resto do tempo farano en Muimenta con cita previa.

Os colectivos locais manifestaron o seu malestar por esta situación e esixen o mantemento do servizo no horario que ten habitual. Alegan que no Concello hai maiores, comerciantes e empresarios que necesitan ter esta disponibilidade.

Pola súa banda, os socialistas anunciaron que presentarán unha moción no próximo pleno para que o Concello lle solicite a Abanca que abran igual que antes, aínda que xa comezaron a traballar co novo horario.