Skip to main content
Axenda Caducada

Mar e Monte comeza este sábado unha serie de roteiros por Barreiros

Por 12 Marzo, 2021Marzo 13th, 2021Sin comentarios

O colectivo barreirense Mar e Monte retomará este sábado as súas actividades cun roteiro circular polo termo municipal “para coñecer e redescubrir Barreiros paso a paso”.

A primeira, este sábado 13, terá como lugar de saída e chegada será a fonte da Formosiña co obxectivo de percorrer nove quilómetros dende as dez da mañá. A cita será  no bar Moderno de San Cosme.

Ao finalizar o roteiro haberá unha comida no restaurante Xoíña de Foz, para todo os que queiran.

Nesta nova tempada teñen previsto realizar un total de dez ou doce etapas e a quen as complete, daráselles un diploma acreditativo firmado por Mar e Monte.