Skip to main content
Comarca AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Martín Fernández, de Ribadeo, proclamouse campión galego de surf sub16

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

Martín Fernández, de Ribadeo, proclamouse este sábado campión galego de surf na categoría sub16, na Praia de Caión, Laracha, A Coruña.

Tras unha disputada final, na que tamén tomaron parte os mariñáns Jorge Guerreiro, de Viveiro que quedou terceiro e Samuel Martínez de Barreiros que finalmente quedou cuarto, Martín tívose que xogar o título ante o coruñés Sebas Baamonde, ao que finalmente dobregou tras unha fantástica actuación e unha onda que bordeou a perfección e obtivo unha puntuación de 9,17 sobre 10.

Martín xa fora campión gaelgo en categoría sub14 noutras dúas ocasiones pero é a primeira vez que o logra na disputada categoría sub16.