Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Pedro Murias acolle en Ribadeo cursos de cociña e nutrición

Por 15 Novembro, 2019Sin comentarios

As asociacións de amas de casa e a de mulleres rurais de Ribadeo desenvolven durante este mes de novembro nas instalacións da Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias sendos cursos. Trátase de cursos de dous cursos de cociña e nutrición, impulsados por asociación locais co apoio autonómico.

O voceiro popular no municipio, Daniel Vega, destaca que estas actividades poñen en valor os produtos da terra e, ao mesmo tempo, ofrecen formación ás persoas participantes sobre aspectos relacionados coa nutrición e a alimentación saudable, dixo.

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo pon en valor o inicio de dous cursos de cociña e nutrición impulsados polas asociacións de amas de casa e mulleres rurais de Ribadeo que se desenvolven nas instalacións da Escola de Capacitación Agraria de Pedro Murias e que contan coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

Estas actividades formativas contribúen, por unha banda, á posta en valor dos produtos da terra e, por outra, a ofrecer formación ás persoas participantes sobre aspectos relacionados coa nutrición e a alimentación saudable, como sinala o voceiro dos populares, Daniel Vega. E para iso, contan con destacados cociñeiros da comarca e profesionais do centro de nutrición e fisioterapia Manduca como monitores.

O popular defende a colaboración da agrupación local do PP cos distintos axentes sociais e, máis concretamente, a colaboración entre as administracións e os distintos entes asociativos do municipio. A este respecto, subliña as xestións do Grupo Municipal Popular para lograr a colaboración do Goberno galego con estas asociacións da vila para o desenvolvemento destas actividades de dinamización social.