Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXAVilalba

Pleno de ouros para os clubs de loita de Rábade e Vilalba

Por 26 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Club Vilalba e o Rábade acábanse de procamar terceiros por clubs nas respectivas modalidades de libre olímpica e  de libre feminina nos campionatos galegos de loitas olímpicas das categorías júnior e escolar que veñen de celebrarse  no pavillón de Teis (Vigo).

Así Vilalba, que nesta ocasión participou baixo a ordes de Iván Paredes e Nicolás Castro, fixo un pleno de ouros dos 4 deportistas vilalbeses que tomaron parte na competición. En júnior, Roberto Díaz (ouro en libre e en grecorromana), en menos de 65 kg, e Carlos Yobani (ouro en libre e prata en grecorromana), en menos de 70 kg, cumpriron coas expectativas de favoritos e amosáronse moi superiores nas súas categorías o que os sitúa como as mellores opcións galegas para acadar os ouros nos próximos campionatos de España que terán lugar en Pontevedra o próximo 10 de marzo.

Tamén en júnior pero do Club Rábade destacou Jonathan Pernas, que acadou o ouro tanto en libre como en grecorromana en menos de  79 e 82 kg, respectivamente. En libre feminina tamén destacan as pratas das rabadenses Laura Arias, en menos de 47 kg, e Gergana Dimitrova, en menos de 65 kg.

Na categoría escolar tamén se deu un pleno de medallas destacando os ouros tanto en libre como en grecorromana dos loitadores do Vilalba Samuel García Miragaya, en menos de 52 kg, e Martín Pena, en menos de 85 kg. Samuel, que actualmente está becado no CGTD de Pontevedra, é, xunto con Carlos e Roberto, outra das principais opcións de ouro para Vilalba nos campionatos de España.

Tamén en escolar tivo unha destacada actuación Antón Leivas, do Club Lugo, que tras facer un gran campionato acadou o bronce en menos de 48 kg.

As escolas lucenses voltaron a amosar un gran nivel garantindo a presenza nos equipos galegos que desputarán os próximos campionatos de España júnior no mes de marzo en Pontevedra e escolar no mes de abril en Xixón, e onde esperan sumar novos ouros ao acadado por José Cuba nos pasados absolutos.