Skip to main content
Lugo

Reciclaxe e solidaridade únense no partido do Breogán este sábado

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

A campaña Somos especiais, RECICLAMOS levaráse a cabo este sábado no Pazo Provincial dos Deportes. Este proxecto  busca fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks entre os afeccionados ao deporte posibilitando un fin social a favor da Fundación Breogán.

A campaña coordinada por Ecoembes en colaboración coa Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación e o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, e o Club Baloncesto ademais do beneficio ambiental tamén impulsará actividades que fomenten a inclusión no deporte, así como obras solidarias e benéficas.

Desta forma, os afeccionados comprometidos co medioambiente que asistan ao enfrontamento ligueiro entre o CB Breogán e o Real Betis do próximo sábado 4 de marzo, poderán reciclar os seus envases nas 40 papeleiras, 25 papeleiras de parede, así como nos 12 contedores, que se dispoñerán no interior do Pazo, para colaborar a través dunha doazón económica coa Fundación Breogán.

Trátase dunha campaña que busca xuntar deporte, compromiso ambiental e solidariedade para fomentar os valores inclusivos do deporte e dar visibilidade e apoio a quen máis o necesitan.

Para dinamizar a xornada, convidarase os afeccionados e veciños de Lugo a xogar a “encestar os residuos”, utilizando as papeleiras a modo de canastras con residuos previamente limpados e hixienizados para o seu uso lúdico. Ademais, todos aqueles que respondan correctamente a cuestións relacionadas coa reciclaxe de envases e de papel ou cartón e consigan encestarlos nos seus correspondentes contedores, terán a opción de poder conseguir agasallos sostibles como mochilas de algodón e optar ao sorteo de 7 camisetas asinada polos xogadores do CB Breogán.