Skip to main content
A Fonsagrada

Reforzo da seguridade en catro puntos do Camiño na zona da Fonsagrada

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar actuacións de reforzo da seguridade en catro puntos do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada que conflúen coas estradas autonómicas LU-530 E LU-701. investimento total ascende a 59.300 euros.

Os traballos abranguen un treito duns 200 metros inclúen a roza das marxes, a mellora do pavimento do Camiño en todo ese percorrido e a instalación dun valo de madeira.

Outra intervención prevista na LU-530 comezará os vindeiros días na zona de Paravella (pq 42+140). Neste punto acondicionarase o firme, dotarase a ruta xacobea dun pavimento de pedra e colocarase un bordo de formigón.

Ademais están en execución actualmente obras de mellora nun treito do Camiño que transcorre paralelo á LU-701 na zona de Paradanova, á altura do pq 2+280. Neste caso tamén se reforzará o pavimento e colocarase unha barreira de seguridade.

Ademais, as actuacións propostas na Fonsagrada inclúen a instalación de sinalización que advierte de perigo pola presenza de peóns nun cruzamento da LU-701 coa ruta xacobea situado á saída da localidade en dirección Asturias.