Skip to main content
Cospeito

Reis Magos e festival de panxoliñas para rematar o Nadal en Cospeito

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O tradicional concerto de Asubíos da Chaira inaugurou a programación de Nadal do Concello de Cospeito e será a música a que clausure os actos festivos este sábado.

Tras un Nadal de actividades con teatro, música, bingo e obradoiros, entre outros,  a programación refórzase hoxe coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que percorrerán o termo municipal dende as 17.30 horas, con saída do pavillón municipal da Feira do Monte.

Tamén haberá inchables e chocolate con churros. Non faltarán os tradicionais agasallos.

O programa chegará ao seu fin o día 7 co Festival de Nadal de Corais, na casa da cultura da Feira do Monte ás 20.30 horas. Nesta ocasión serán as corais de Airiños da Capela, a Polifónica de Palas de Rei e a local Virxe do Monte.

Trátase dunha actividae que se repite todos os anos organizada pola coral de Cospeito, en colaboración co Concello e na que están invitados a participar todos os veciños xa que a entrada é de balde nunha loubanza ás panxoliñas.