Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Rinlo acollerá o 5 de agosto unha nova edición da Festa do Percebe

Por 8 Xullo, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

A parroquia de Rinlo, en Ribadeo, acollerá o vindeiro sábado 5 de agosto, unha nova edición da Festa do Percebe, onde os asistentes poderán degustar este  crustáceo das costas galegas, a prezos inmellorables.

Desde primeiras horas da mañá os organizadores da festa, traballarán para elaborar os percebes na carpa que se instalará para a ocasión na lonxa. Ademais contarán coa actuación de DJ Litainer.

Esta cita gastronómica únese ao calendario festivo da Mariña e ás demais citas gastronómicas que acolle a comarca durante a tempada do verán.