Skip to main content
Guntín

San Salvador de Castelo, en Guntín, está de festas a fin de semana

Por 7 Xullo, 2023Xullo 13th, 2023Sin comentarios

A localidade de San Salvador de Castelo, en Guntín, estará de festas esta fin de semana na honra ao Carpus Cristi.

Arrancarán as celebracións o sábado 8 ás 13.00 horas coa misa solemne e a procesión, seguida da sesión vermú, que estará a cargo de Alabama Show, o mesmo grupo que amenizará a verbena.

O domingo repetirán o oficio relixioso e rematarán as festas coa actuación do dúo Eclipse en sesión vermú.

Ademais, o próximo venres, 14 de xullo, celebrarase ás 22.00 horas unha churrascada popular amenizada polo dúo Charada. As persoas que desexen participar deberán falar coa comisión.