Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Sanidade abrirá un proceso sancionar ao Concello de Rábade polo estado da traída

Por 7 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Un grupo de veciños de Rábade presentara unha denuncia no ano 2019 polo estado da auga da traída, concretamente a mediados do mes de xullo. Tras varias denuncias e protestas finalmente conseguiron a atención do contencioso administrativo de Lugo que fallou ahora e condea á Consellería de Sanidade a incoar un expediente sancionar contra o Concello de Rábade e Aqualia.

Segundo explicaron os veciños en varias ocasións, a auga da traída ten serios problemas de turbidez derivados das crecidas do Miño. As probas presentadas polos veciños levaron ao xuzgado a esta sentenza que obriga a abrir un expediente sancionador no prazo dun mes contra o Concello de Rábade por unha infracción en materia de saúde pública.

A maxistrada critica a actitude da Consellería de Sanidade durante o incidente de xullo, que archivou a denuncia veciñal e deixou pasar o incidente cun requerimento ao alcalde para que solucionase o problema.

Naqueles dous días, os veciños realizaran análises da auga e descubriron partículas fecais, resultados que foron presentados como problema ante o xulgado. Advertiron que o Concello non deu aviso da situación de turbidez aos veciños incumprindo os protocolos establecidos.

Pola súa banda, o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, recoñeceu as limitacións dos sistema de abastecemento pero indicou que a calidade da auga está garantizada porque se fixeron melloras nos depósitos de acumulación de auga e do sistema de filtración. Afirma que nos últimos doce meses só houbo un problema de turbidez da auga.

Achaca tamén a situación a que o servizo de traída de auga é moi antigo e hai momentos puntuais nos que non e suficiente.