Skip to main content
ActualidadeBegonteSociedade

Sociedade Micolóxica Lucus e Castiñeiro Milenario volven realizar un paseo micolóxico por Begonte

Por 19 Setembro, 2017Sin comentarios

Un ano máis a Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario poñen en marcha unha nova edición do Paseo Micolóxico que se desenvolverá o domingo 24 de setembro a partir das dez da mañá por algunhas das fragas do concello de Begonte co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat.

Ao mediodía os socios e socias das dúas entidades participantes participarán, arredor das dúas do mediodía, nunha comida conxunta de confraternidade no local social da Asociación de Veciños de O Castro, cedido de xeito desinteresado para a ocasión. A comida e bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera socio ou socia que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

A actividade é gratuíta para as persoas socias de ámbalas dúas asociacións. O xantar tamén correrá a cargo de SMLucus e a A.C. Castiñeiro Milenario.