Skip to main content
Lugo

Toma de posesión de dous funcionarios no Concello de Lugo

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

Nun acto oficial, tomaron posesión dos seus cargos o novo Inspector da Policía Local que se incorpora ao Corpo como funcionario de carreira logo de superar a fase de prácticas e tamén dunha técnica media de xestión que aprobou o proceso de selección de promoción interna correspondente.

Ao acto, que estivo presidido pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu tamén o Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro e o concelleiro de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy.