Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Xogadoras do Ensino compartiron as súas experiencias con residentes do Lugo I

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

As xogadoras do club de baloncesto Ensino Ane Olaeta e Blanca Millán, xunto co técnico Suso Garrido, compartiron hoxe as súas experiencias con mozos e mozas residentes no complexo xuvenil LUG I da Xunta e cun grupo de rapaces e rapazas doutros centros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu a esta xornada, que tiña a finalidade de que os participantes compartiran cos rapaces as súas vivencias e lles trasladaran os principios e valores positivos do deporte.

O acto foi organizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, que está a programar unha serie de encontros na residencia LUG I con persoas de diferentes ámbitos para abordar temas de interese para a mocidade. Hai poucos días impartiu unha charla un profesional das forzas e corpos de seguridade públicos; e a iniciativa terá continuidade en vindeiras datas.