Skip to main content
Sarria

Zënzar actuará este vindeiro sábado no Buril

O Buril de Sarria acolle un novo concerto este vindeiro sábado, 20 de abril, a partir das 23.00 horas.

Nesta ocasión, serán Zënzar os convidados a amenizar a noite do sábado a través das súas cancións de rock.

Ademais, con eles virá unha banda convidada, Liviao de Marrao, polo que as persoas interesadas deberán aboar un custo de 8 euros de entrada anticipada ou 10 euros na billeteira.